Etapa 1: Faro Fisterra – Cee (17,5 Km)
O Camiño do Conde comeza no Faro de Fisterra, o Finis Terrae dos antigos romanos onde o sol era engulido polo mar, nunha primeira etapa que pasa por diferentes períodos históricos e ponnos en antecedentes de todo o que imos ver. Espéranos o porto de Fisterra e os seus valentes mariñeiros, o paraíso natural de Langosteira, Sardiñeiro e Estorde antes de chegar a Corcubión, centro administrativo do condado de Altamira e poboación chea de beleza e historias que iremos descubrindo unha a unha. No fondo da ría o pobo de Cee, polo comercial da comarca, tamén ten moito que contar antes de finalizar este primeiro percorrido.
Esta etapa é... unha boa introducción histórica
PERCORRIDO
PLANNING
Faro de Fisterra | 0,0 |
Fonte de San Guillerme | 1,2 |
Igrexa de Santa María das Areas | 2,5 |
Capela de Nosa Señora do Bo Suceso | 2,9 |
Castelo de San Carlos (Museo da Pesca) | 3,1 |
Porto de Fisterra | 3,5 |
Rúa Santa Catarina | 3,8 |
Praia de Langosteira | 4,6 |
Praia de Calcoba | 6,6 |
Praia da Serra | 7,4 |
Mirador Fin da Terra | 7,7 |
Sardiñeiro | 9,8 |
Estorde | 11,0 |
A Amarela | 12,4 |
San Roque | 13,0 |
Vilar | 13,5 |
Praia de Quenxe | 14,2 |
Porto de Corcubión | 14,8 |
Igrexa de San Marcos | 15,1 |
Praza da Constitución de Corcubión | 15,3 |
Cee (Praia da Concha) | 16,5 |
Colegio Fernando Blanco de Lema | 16,9 |
Praza da Constitución de Cee | 17,3 |
Igrexa da Xunqueira | 17,4 |
Cee (Fin de Etapa) | 17,5 |