O Camiño do Conde

Durante a Idade Media, os condes de Traba e os condes de Altamira dominaban estas fértiles terras da Costa da Morte, que chamaban Trastámara (ao norte do río Tambre). Co paso do tempo, os seus descendentes uníronse ás diferentes familias locais e repartironse a terra dando lugar a unha nova clase social, os fidalgos, que gobernaban pequenos coutos arredor dunha casa forte herdada de xeración en xeración. Para alimentar todo este sistema, coma sempre, os campesiños deron o mellor de si para ter as mellores colleitas.

O Camiño do Conde é un percorrido histórico e etnográfico por estas vilas que aínda conservan este rico patrimonio e onde, a día de hoxe, moi poucas cousas cambiaron. Historia en pedra reflectida en dolmens, castelos, valados, patios, castelos, torres, pontes, pazos, casas, eiras, muíños, igrexas, aldeas… e centos de hórreos.
¿Queres viaxar no tempo?
Pois este é o teu camiño: O Camiño do Conde

ETAPAS


115 quilómetros

6 etapas

Etapa 1: Faro de Fisterra – Cee (16,0 Km)
Etapa 2: Cee – Berdoias (23,7 km)
Etapa 3: Berdoias – Vimianzo (14,3 km)
Etapa 4: Vimianzo – Baio (16,6 km)
Etapa 5: Baio – Corcoesto (25,9 km)
Etapa 6: Corcoesto – Malpica (18,5 km)

Publicaremos percorrido completo, mapa e tracks nas próximas semanas