Miradoiro de Talón

Continuamos camiño e chegamos á Praia da Serra, pequeno areal a pé da ladeira do monte.

O Miradoiro de Talón ofrécenos unha das imaxes icónicas de Galicia, imaxe que leva quedando gravada na retina dos miles e miles de peregrinos que chegan a este Finis Terrae desde a Idade Media, coa Praia de Langosteira en primeiro plano e o impresionante Monte do Facho co Faro de Fisterra ao fondo.

Facebook
Twitter
LinkedIn