Corcubión

Chegamos á Praia de Quenxe, pequeno areal que no verán goza dun turismo moi familiar. Sobre a praia estaba situado o antigo e mítico Cámping, testemuña da vida de varias xeracións de corcubioneses.

Pero imos polo principio. O primeiro asentamento de Corcubión foi en San Andrés de Canle, na ladeira do monte, do que apenas quedan restos. Onde se atopa hoxe a poboación habería pequenas comunidades de pescadores moi expostas aos ataques por mar das razzias sarracenas e normandas, o que lles obrigaba a deixar de pescar os meses máis produtivos para resgardarse cara ao interior.

Cando no século XII creáronse as parroquias existían San Andrés do Canle e San Pedro de Redonda. Nesa época os ataques por mar foron remitindo e os habitantes daquela aldea eminentemente agrícola foron establecéndose no actual Corcubión, dedicándose á actividade pesqueira.

A partir do século XV estas terras pertencen aos Condes de Altamira que tiñan en Corcubión o seu pequeno palacio, desde o que exerceron os labores administrativos de toda a xurisdición case durante 400 anos.

No século XVI, favorecido pola posición dominante no vello mundo de Carlos V e Felipe II, comeza a florecer un comercio marítimo que continuou no século seguinte, aínda que as pestes e as diferentes guerras freouno lixeiramente.

A mediados do século XVIII, os diversos conflitos bélicos con ingleses e franceses obrigan a Carlos III a construír os castelos que defenden a ría. Ademais, dálle patente de corso a moitos mariños para poder abordar buques inimigos en alta mar. Da importancia do Corcubión daqueles anos fálanos a existencia de consulados de varios países estranxeiros.

O principio do século XIX tráenos a revolución na industria do salgadura a cargo dos fomentadores cataláns, que se instalan por toda a ría.

Un dos episodios históricos que non se pode borrar da memoria colectiva por ser especialmente tráxico foi o ataque do exército francés en 1809 durante a Guerra da Independencia que arrasou as localidades de Corcubión e Cee, obrigando a emigrar a moitos dos seus habitantes.

A mediados de século as distintas epidemias diezmaron a poboación: A febre pútrida (1841), a viruela (1844) e a cólera morbo con gran mortandade (1844), tosferina (1845), viruela (1858 e 1868) e a cólera en 1884.

Durante as primeiras décadas do século XX o tráfico marítimo increméntase aínda máis coa aparición da máquina de vapor, o que aproveitaron algúns empresarios para converter Corcubión nun dos principais centros de abastecemento de carbón para todos eses buques.

A guerra e outras circunstancias frearon ese último intento industrial deste pobo que, como o resto da zona, vió como moitos dos seus habitantes emigraban durante o século XX.

Na actualidade continúa sendo o centro administrativo e cabeza do Partido Xudicial, aparecendo o turismo como unha fonte de ingresos extra nun pobo que ofrece moita calidade e moita tranquilidade. E que, como vedes, ten unha longa historia que contar.

Desde aquí da Praia de Quenxe, imos contarvos 3 delas: o castelo do Cardeal, os salgaduras e a época do carbón.

Facebook
Twitter
LinkedIn