Castelo de San Carlos – Museo da Pesca

Durante o Século XVIII, os ataques por vía marítima de corsarios franceses e ingleses sucedíanse nestas costas. É por iso que Carlos III ordena a construción en 1757 de tres castelos para a defensa da ría: San Carlos en Fisterra, Cardeal en Corcubión e o Príncipe en Ameixenda.

Como podemos ver a súa planta é irregular adaptándose ao terreo sobre o que se atopa. Tiña unha nave central para a tropa formada por 28 soldados de infantería, o polvorín e tres troneras. Apuntando á ría 11 canóns preparados para unha eventual invasión.

E a invasión chegou pero por terra. En 1809, durante a Guerra da Independencia contra os franceses que arrasaron a comarca, o castelo foi saqueado e incendiado.

A día de hoxe alberga embarcacións e utensilios relacionados coas artes tradicionais de pesca. Se tedes a oportunidade de que Manolo (Alexandre Nerium) vos faga unha visita guiada, é un libro aberto que explica como ninguén todos eses obxectos. Por exemplo o escandallo, unha pedra que embadurnada en graxa e suxeita cunha corda axudaba aos antigos pescadores a identificar os tipos de fondo. Un museo sempre é interesante, pero cando detrás hai unha paixón persoal, convértese en imprescindible.

HORARIO DE VERÁN (Do 1 de xuño ao 30 de setembro)
De martes a sábado De 11:00-14:00h e de 16:00-20:00h
Domingo: De 11:00-14:00h
Luns: Pechado
HORARIO DE PRIMAVERA E OUTONO (Do 1 de marzo ao 31 de maio e do 1 de outubro ao 31 de decembro)
De martes a sábado De 11:00-14:00h e de 16:00-18:00h
Domingo: De 11:00-14:00h
Luns: Pechado
SEMANA SANTA: De 11:00-14:00h e de 16:00-20:00h

Entrada: 2€
Entrada para grupos (+ 15): 1€

Facebook
Twitter
LinkedIn