A Praza da Constitución é o centro urbano arredor do cal xira a vida de Corcubión. Nela vemos o fermoso conxunto que forman as casas con galerías, construídas non século XIX pola potente burguesía local, como o edificio do Casino, a Casa Miñones ou a Casa Manolete. Completa o conxunto a Fonte dos Catro Caños, que xa aparece na documentación antiga.
E é aquí, sentados nos bancos da praza, onde imos introducir a unha das familias protagonistas deste percorrido: os Moscoso, Condes de Altamira.
Facebook
Twitter
LinkedIn