Pazo do Cotón

O Pazo de Cotón foi construído no século XVII por descendentes da Casa de Carantoña e é un bo exemplo do barroco galego. Dentro do pobo, rodeado de estreitas rúas e edificios modernos, atópase en bo estado de conservación.

De planta case cadrada con muros de sillería, na planta baixa estaba situada a cociña principal, leñera, almacén e as cortes. O acceso á parte nobre faise por unha escaleira exterior con balaustrada. Alí están os dormitorios, o despacho do señor e un salón para os grandes eventos.

Na cuberta a tres augas de tella do país sobresae a cheminea con elementos decorativos. Na súa fachada destaca a balconada e o escudo de pedra nun dos seus laterais, no que podemos distinguir:

  • O piñeiro e as lanzas dos Leis
  • Os escaques dos Bermúdez de Castro
  • Os castelos de Pardiñas e Rioboo
  • E, en escusón, os seis roeles dos Castro.

Á beira do pazo podemos ver un fermoso cruceiro de finais do século XVII.

XENEALOXIA PAZO DO COTON

Facebook
Twitter
LinkedIn