Punta do Agro

O castelo medieval de Santa Cruz estaba situado na Punta do Agro, onde hoxe podemos ver o edificio dos xulgados. Descoñecemos a data exacta da súa fundación pero sabemos que contaba con 7 canóns e unha muralla de grosos muros e que, no século XVII, estaba totalmente derruido.

Posteriormente emprazouse aquí o cemiterio vello xa que, ata ese ano de 1833, os enterramentos facíanse no interior e ao redor da Igrexa de San Marcos. Aínda que o cemiterio era de titularidade pública os enterramentos dos estranxeiros facíanse fóra do recinto amurallado. Foi pechado en 1935 cando se construíu o actual de Quenxe.

Alí, sentados no muro do final do paseo e mirando ao Olimpo Celta pensamos na cantidade de capas da lasaña da historia sobre as que camiñamos cada día nas nosas cidades e pobos.

Facebook
Twitter
LinkedIn