A descendencia de Pedro Froilaz de Traba

Nesta alta Idade Media, ao contrario que o que sucedeu posteriormente co morgado, a herdanza repartíase entre todos os irmáns. Isto, sumado ás doazóns realizadas por Pedro e Urraca e os seus descendentes a máis de 40 mosteiros e igrexas, provocou que a familia se fose diluíndo e o seu patrimonio disgregando ata que, a mediados do século XIII co falecemento de Rodrigo Gómez, o apelido e a saga dos Froilaz-Traba desaparece.

Mais non é así do todo. Neste proxecto tentaremos mostrarvos que, a pesar de que o apelido desapareceu, o seu sangue non. Podemos decir que Pedro Froilaz é antepasado de case todas as personaxes importantes dos séculos posteriores ata o día de hoxe. Case podemos mudar a pregunta por: ¿Quen non é descendente de Pedro Froilaz de Traba?

Veredes tamén que todo esto non é casual. Pedro Froilaz tivo 5 fillos con Urraca Froilaz e outros 10 con Maior Rodríguez. A posterior política de matrimonios foi unindo aos Traba coas familias máis poderosas do momento e o árbore dos seus descendentes é inmenso.

Aquí iremos vendo aos poucos moitos deses datos, algún deles inédito.

Facebook
Twitter
LinkedIn