A Capela de Nosa Señora do Bo Suceso, do século XVIII e estilo barroco, está situada na praza de Ara Solis. Dunha sóla nave, na súa fachada principal destaca o escudo do fundador da capela, Mateo Pérez Valdivieso. Na capela maior atópase o retablo barroco da Virxe do Socorro.
No pequeno atrio situase un cruceiro dedicado tamén á Virxe do Socorro.
Á dereita da capela podemos ver a Casa dos Valdivieso, reconstrucción de principios do Século XVII sobre unha antiga edificación do século XIII. De planta cadrada destaca na súa fachada o reloxo de sol e o escudo a catro cuarteis coas armas das liñaxes que a habitaron.
Segundo o historiador Rafael Lema, as divisións aprécianse da seguinte maneira:
- 1º cuartel con armas dos VALDIVIESO: En campo de azur, un castelo de ouro en chamas. Bordura de prata, con oito aspas de gules
- 2º cuartel con armas dos DÍAZ: En campo de prata, un león rampante de gules, levando na súa garra destra un bastón de ouro e está sobre os 3 caldeiros dos TABOADA.
- 3º cuartel con armas dos VARELA: En campo de gules, barras de sinople.
- 4º cuartel con armas dos VILLAMARÍN: estrela de seis puntas subliñada por unha media lúa e rodeada de 3 flores de lis dos ALDAO
As pedras de armas eran o selo distintivo de cada familia. Mais non só nas familias nobles, o seu uso estaba extendido a todos os nivéis e impreso en calqueira soporte.