E onde se almacenaba todo este cereal durante os húmidos invernos? Pois en estupendos hórreos de pedra como este hórreo de Toba tamén chamado Canastro de Caamaño.
A primeira representación gráfica dun hórreo aparece nas Cantigas de Santa María, de Alfonso X O Sabio.
Dise que en toda a Costa da Morte hai máis de 10.000 hórreos. No noso camiño veremos centos deles e aprenderemos a distinguir os seus tipos.
Tipo Noia
-
- Estreito e longo, sobre esteos baixos de pedra.
- Cuberta de tella curva a dúas augas.
- Construción pedra.
- Elévanse sobre pés e con tornarratos individuais.
- Con perpiaños con abertura en horizontal. Ten a mesma clase de construción nos penais que no resto do celeiro.
- A cuberta a dúas augas, con tella do país ou pedra.
- O maior número de exemplares esténdese desde Noia a Corcubion.
Tipo Fisterra
-
- Estreito e alto. Esteos moi altos sobre zócalo de cachotería. Cuberta de tella curva a dúas augas.
- Construción pedra.
- É o máis rustico de todos, construídos en pedra. Esta vai colocada sen tallar e superposta, non conservando nin dimensións nin formato algún.
- Elévase sobre pés, con tonarratos individuais.
- A cuberta a dúas augas con tella do país.
- Atopamos estes exemplares desde Muros a #Finisterre e _Dumbria.
Tipo Ponteceso
-
- Construción en pedra.
- Elévanse sobre celeiros dunha ou dúas planta, son anchos cun corredor central e ao outro extremo da porta, unha xanela.
- Tornarratos estilo mesa.
- Aberturas de ventilación en horizontal.
- A cuberta a dúas augas, con tella do país ou plana
- Esténdese pola zona de Ponteceso.
Tipo Coristanco
-
- Construción pedra.
- Elévase sobre celeiros e outros exemplares sobre pés.
- Os penais feitos con pezas de cantería e entre elas laxas de pedra, formando unha cruz, o resto do celeiro, de laxas cunhas pequenas pezas que as separa entresi.
- A cuberta a dúas augas e tella do país.
- Esténdese desde Coristanco a Malpica.
Tipo Carballo
-
- Construción pedra.
- Elévase sobre cepas ou celeiros, con tornarratos estilo mesa. Son anchos e teñen un corredor central, colocando as colleitas nos laterais.
- O corpo do celeiro con aberturas en horizontal.
- A cuberta dúas augas, con tella do país.
- Esténdense pola zona de Bergantiños.
Tipo Bergantiñán de madeira (comarca de Bergantiños).
-
- Cámara ancha, curta e alta.
- Cepas de cachotería e cuberta de tella a dúas augas.
O Hórreo de Toba é de tipo Fisterra con trece pares de pés cos correspondentes tornarratos sobre a que se asenta a cámara, con dúas portas nun lateral e cuberta con tella do país. No vértice das sobrepenas vemos a cruz e o pináculo típico destas construcións.