Pazo de Altamira

Os Moscoso eran unha familia nobre asentada no século XIV en Santiago arredor do que hoxe é a Praza do Campo. A boa relación de Ruy Sánchez de Moscoso con Fadrique, Duque de Arjona e Conde de Trastámara, e unha eficaz política matrimonial convertéronos nunha das familias nobres máis importantes de Galicia durante o convulso século XV.

Desde este pazo os Condes de Altamira gobernarían a súa extensa xurisdición durante 400 anos. Dita xurisdición comprendía practicamente o que hoxe é a comarca de Fisterra e lindaba coa de Vimianzo, que tamén tiñan baixo o seu control. Desde aquí gobernaban, xulgaban e cobraban os impostos en nome do rei, nomeando a corrixidores e merinos que serían os encargados de administrar xustiza, controlando así de facto a vida da poboación. Os vasalos debían pagar as rendas marcadas e axudar aos señores nos conflitos bélicos con outros señores.

Segundo o licenciado Molina, en 1550 Corcubión estaba gobernado por un xuíz ordinario, catro rexedores e un procurador xeral. Tamén había dous procuradores de causas. É praza de Armas cun Castelo, que chaman de Santa Cruz, en que están sete canóns montados, e nomea a súa maxestade un sarxento maior.

O pazo que podemos ver pouco ten que ver co do século XV, debido ás modificacións realizadas e avatares como o incendio durante a Guerra da Independencia. Na primitiva dispoñía dunhas torres que foron eliminadas a principios do XVIII. O que si nos dá unha idea do edificio actual é do gran volume que tiña. No seu interior estaría a vivenda do conde durante as súas estancias, a residencia do xuíz ordinario, a sala de audiencias xudiciais onde tamén terían lugar as reunións do Rexemento, é dicir, o que hoxe sería un concello. Ademais as salas para recadar os impostos, cortes e calabozos.

A casa-forte de Altamira en Corcubión foi construída a mediados do século XV por Ruy Sánchez de Moscoso e o seu fillo Rodrigo Sánchez de Moscoso, casado con Juana de Castro. Juana é unha figura clave en toda esta historia e ten unha árbore xenealóxica impresionante, ao que lle dedicaremos o seu tempo, que reflicte a historia de Europa desde moitos séculos antes.

O outro gran señorío de toda a Idade Media era o Arcebispado de Santiago que, territorialmente, entraba en permanente conflito cos intereses dos Condes de Altamira. Como un señor feudal máis, o arcebispo tiña terras e tropas e, como un señor feudal máis, sempre ansiaba ter máis posesións e riqueza.

No resto de Galicia, outras grandes familias nobres van consolidar a súa poder neste século. Por encima de todos os Condes de Lemos que, desde Monforte, señorean gran parte da Galicia Oriental. Un chanzo por baixo cos Moscoso están os Sotomayor (Pontevedra), os Andrade (Pontedeume), os Ulloa (Pambre), os Sarmiento (Ribadavia) ou os Zúñiga e Biedma (Monterrey).

Con este contexto belicoso de base, no século XV sucédense os acontecementos. En 1402 Ruy Sánchez de Moscoso realiza homenaxe ao arcebispo polo coto do Jallas, o que nos indica que as relacións nese comezo de século eran boas. Pero o ansia de poder e o apoio de Fadrique provoca que Ruy se vaia apropiando pola forza dalgunhas fortalezas pertencentes á igrexa e construíndo aos poucos o señorío, crecendo a inimizade co arcebispo Lope de Mendoza.

Nunha das ocasións que Ruy estaba preto de Santiago, os nobres afíns ao Arcebispo cercárono no Castro de Angrois matándolle escudeiros, e peóns e cavallos, e firiéndole outros, e cunha saeta crebáronlle un ollo na cabeça”. Finalmente, tras unha fuxida ao abrigo da noite o de Moscoso conseguiu librarse do cerco.

En 1456 falece Ruy e o seu fillo Rodrigo Sánchez de Moscoso está enfermo de lepra. O novo arcebispo Rodrigo de Luna aproveita esta debilidade para atacar Corcubión unha noite de xullo de 1457. As tropas do arcebispo capitaneadas por García de Caamaño (fundador de Vilagarcía) e o seu irmán Martín Becerra saen de Noia na escuridade da noite con catorce ou quince navíos e pinazas e arriban a Corcubión.

En Corcubión atópase Juana de Castro cos seus máis fieis escudeiros, capitaneados por Gomez de Rioboo, que tentan defender a vila pero non poden evitar os roubos e pillaxes que se produciron:

unha noite do mes xullo do ano pasado de mil e quatrosientos e cincuenta e sete, estando a devandita dona Juana no logar e porto de Corcobión salva e segura, non fasiendo nin disiendo porque dano nin deshonor algún de recibir oviese, e estando sobre a tregua e seguro posta polo devandito señor rei, os devanditos […] e outros moitos cavalleros, armados de diversas armas, fabla data e consello avido e dun acordo e consello, viñeron en quatorse ou quince navíos e pinasas ao devandito logar de Corcobion […] entraron nel e o posieran a saco e roubaron quanto nel fallaron, asy de diñeiros como de ouro e prata epaños e roupa de cama e axuares de casa, asy d elo que fallaron na pousada da devandita dona Juana como en todas as outras casas do devandito lugar, e ligaron moitos omes e mataron a Gomes de Rioboo criado do devandito Rodrigo de Moscoso

Finalmente, despois de tres días de loita e de provocar varias mortes, entre elas a de devandito Gomez, os atacantes foron repelidos polo pobo de Corcubión.

Máis tarde o Corrixidor de Galicia recoñeceralle o dominio de Corcubión á condesa e multará ao arcebispo Rodrigo de Luna con 1500 doblones de ouro.

A partires dese momento, Juana toma o mando de facto da casa de Altamira e xunto ao seu fillo Bernal Yañez e os principais señores das casas nobres afíns ademáis dos representantes das cidades de Santiago, Muros e Noia crean a Irmandade de Antealtares onde se conxuran para non atacarse e axudarse entre eles contra o Arcebispo. Así, baixo o mando de Pedro Alvarez Osorio, conde de Trastámara, asedian en 1459 a fortaleza de Rocha Forte.

Nese momento volven mudar os intereses e o arcebispo ofrece garantías territoriais a Juana de Castro e Bernal Yañez que, temendo o ascenso do Conde de Trastámara,  cambian de bando e únense ao arcebispo. Reuníronse entón na Rochablanca de Padrón para cercar a cidade de Santiago as 80 lanzas do conde de Lemos, 40 escudeiros de Lope Sánchez de Ulloa, toda a xente de armas de Moscoso, Álvaro Páez de Sotomayor, Gómez dás Mariñas, Fernán Pérez de Andrade e Diego de Andrade que se reuniu no real o 30 de xuño con 80 cabalos con intención de sacar de alí ao conde de Trastámara.

Mais o arcebispo Rodrigo de Luna falece nese momento e cambian outra vez as cousas. Chega o novo arcebispo: Alonso II de Fonseca.

Unha das primeiras accións do novo arcebispo Alonso II de Fonseca foi denunciar os acordos coa Casa de Moscoso, o que provocou o seu secuestro en 1465 en Noia polo impetuoso Bernal Yañez, que “o saca polas barbas e encérrao nunha gaiola” durante dous anos nas fortalezas de Vimianzo e Mens.

O clima é de continuas loitas e Bernal Yañez ten asediada en 1466 a Catedral de Santiago. Nun momento que se sinte seguro, quítase a coraza e unha frecha déixao malferido, falecendo un mes despois. atacando ademais as diferentes fortalezas da mitra e a Catedral.

Se a todo este clima de loitas entre as grandes familias nobres sumámoslle a existencia doutra segunda fila de nobres e fidalgos descontentos, a burguesía das cidades, uns labregos moi cansados dos señores e uns anos de malas colleitas e o conflito estaba servido: en 1467 ten lugar a Guerra Irmandiña,

A guerra Irmandiña, a posterior recuperación dous anos despois das fortalezas polos nobres exisliados e o ascenso dos Reis Católicos, que cambiarán totalmente o panorama do poder, completan este espeso século XV. Pero esta é outra historia que contaremos cando cheguemos a Vimianzo.

Volvemos aos distintos sucesos acaecidos neste Pazo de Altamira desde o Século XV ata o XVIII. Como vimos, a estancia en Corcubión foi contínua durante ese século pero xa, a partir da segunda metade do século XVI, estableceron a súa residencia na corte (Madrid) e só, moi de cando en vez, facían unha visita a Santiago.

En 1724, o alcalde maior do Estado de Altamira, José Isla da Torre, escribe un compendio das posesións e os vasalos o que nos dá unha foto clara da época.

La Villa de Corcubión se compone de 200 vecinos, y está situado a la orilla del Mar Occeano, legua y media de la de Finis Terre, tras del célebre, y prodigioso Santuario de N. Señora de la Barca, y II de la Ciudad de Santiago; Tiene VII apacible, y dilatado Puerto de una legua de largo, y casi media de ancho, donde dan fondo muchos Navíos, que precisados de no poder montar al cabo de Finis Terre, se recogen para la seguridad, y para hacer aguadas.

Fue en lo antiguo rica, por el comercio que se arruinó, habiendo quedado solamente el de la pesca de Sardina, y Congrio, que se hace con 30 barcos, que se conservan; cuyo producto es el que solamente se aprovechan sus naturales para el tráfico, y por esta razón, y no haber otro, son todos (a exclusión de tres, o cuatro) pobres. Para la pesca de Sardinas se fabrican en un dilatado Campo (que llaman da Viña, y cuyo dominio es de su Exc) tres cercos Reales, y por esta razón el gremio de Pescadores contribuyen a su Exc. con una porción a que llaman Quiñón, y se estima en 60 rs. De que se utilizan los Jueces.

La entrada de esta Ría, y Puerto está entre los dos cabos, llamados uno de la Galera a la parte de el Oriente, otro de Ce al Occidente, desde donde hacia al Norte ancora todo género de embarcación mayor y menor. En esta Villa tiene su Exc. un Palacio moderado, que está a la legua de el Mar, y de sus ventanas se registra mucha parte de el Puerto, y a las espaldas de la Villa una huerta con algunos árboles frutales y útil para verdura, de que se utilizan los Jueces. Hay mucha abundancia de aguas dulces, y especialmente una fuente muy copiosa, que viene encañada a la plaza. Antiguamente estaba la Parroquia de esta Villa, con el nombre de San Andrés de Canle, fuera de ella en un monte, que la domina, y después por los años 1430 se fabricó nueva Iglesia cerca de el Palacio, y contigua al muelle, colocando en ella una hermosa Imagen de San Marcos, que arribó en un Navío Veneciano, y hoy es Patrono.

Hay un Hospital, fundación de los Señores Don Rodrigo de Moscosso, y Doña Juana de Castro, cuya renta se deterioró, quedando solo la casa, que sirve de recoger los Peregrinos, que pasan a Nuestra Señora de la Barca, y a el santísimo Christo de Finisterrae. Goviérnanse por un Juez Ordinario, y cuatro Regidores, que nombra su Exc. sin proporción, y a su arbitrio, y un Procurador General, cuya nominación es de el Concejo unas veces, y por otras su Alcalde Mayor, conforme a la voluntad de los interesados. Es Plaza de Armas con un Castillo, que llaman de Santa Cruz, en que están siete cañones montados, y nombra su Majestad un Sargento Mayor, cuyo oficio con los demás de esta calidad del Reyno de Galicia ha mandado extinguir conforme vayan muriendo los que los obtienen por la inutilidad, y perjuicio que experimentan los Naturales.

La Jurisdicción sujeta al Juez de esta Villa se compone de veinte Feligresías, que son Santa Eulalia de Brens, San Pedro de Redonda, San Adrian de Toba, San Esteban de Lires, Santa Leocadia de Frige, San Martín de Touriñan, San Mamede de Salguiros, San Julian de Pereiriña, Santa Eulalia de Dumbria, San Martin de Olveira, Santa Eugenia del Ezaro, Santiago de Ameygenda, Santa Maria de Morquintian, San Juan de Bardullas, San Tiiso de Boytron, San Felix de Caberta, Santa Comba de Carnota, San Martin de Lariño, y San Juan de Sierres, cuyo número de Vecinos consiste en 1300 y estas tres últimas Feligresías están tres leguas a la Villa a las faldas de el celebrado Pindo, y contiguas a la Villa de Muros, y porque en lo antiguo fueron Jurisdicción separada, aunque se unieron a esta otra, quedó la regalía a su Exc de nombrar un Escribano de Número para ellas solas, cuyo oficio conviene a la utilidad de los vasallos, y servicios de Dios, se extinga, en llegando el caso de vacante por su poco valor, y la ocasión próxima de exceder en la percepción de sus derechos.

Las 17 Feligresías restantes nombran un Procurador General cada año con las asistencia de la Justicia, y Regimiento de Corcubion, y para ellas, y dicha Villa su Exc un. Escribano, cuyo oficio vale 3 rs.

Es País, parte abundante de Trigo, Centeno, y parte de Mijo, tierra quebrada y montuosa, hay mucha cría de Ganados mayores, y menores, mucha casa de Jabalíes, y abundancia de Perdices, con regalo de buenos Cabritos de el monte Pindo, en donde las Cabras crían dos veces cada año. Divide esta Jurisdicción de la de Muros el caudaloso Río de Olveira, que desde el monte Ezaro se despeña en el Occeano tan perpendicularmente a legua y media de Corcubion que levantan sus espumas densísimas nubes útiles a los navegantes, que a la distancia de muchas leguas las reconocen, para no dudar la costa en que se hallan, siendo muchas la abundancia de Reos, que allí se cogen, pero con peligro de la vida, porque el menor descuido se hallan sumergidos en el Mar de la violencia con que cae el Río los Pescadores y Barcos.

También divide esta Jurisdicción de la de Bimianzo el Río, que llaman del Castro, abundantes de Reos muy sabrosos; y en el tiene su Exc. el Pozo negro, de cuya pesca no se usa sin licencia del Administrador de este Partido. En cada una de estas Feligresías nombra el Juez un Mayordomo, y para todas ellas un Ministro y un Alcayde de la Cárcel; y en ella, y tu Partido tiene su Exc. el directo dominio de 61 lugares, y parte de otros: y en la Villa de Corcubion 56 gafas y varias propiedades, que todo reditúa cada año 2700 ferrados de trigo, 306 de centeno, 154 cuartillos de manteca, 65 gallinas, dos Carneros, 1072. Rs. 8 mrs. Y sobre diez Lugares se cobran 47 rs y 23 mrs. con el nombre de facendeiras.

Cada Vecino de la Villa paga real y medio de servicio de fuego y cada Viuda tres cuartillos, a exclusión de Hidalgos, y Pobres. Cada Vecino de la Jurisdicción que tenga doce Ovejas paga real y medio por el servicio de Carnero de Lobo; y cada uno de las tres Feligresías de Carnota, diez cuartos y medio de pedido, exclusos los Pobres, y unas Familias que llaman Peones, que tiene la obligación de acompañar a su Exc. a pie, y con armas desde el Pindo, hasta la Villa de Muros, o al Juez, y Alcalde mayor del Estado si transitare y quisiere usar de este derecho, por cuya razón solo contribuyen con dos mrs.
Todos los Vecinos pecheros de las trece Feligresías, de que se compone el Concejo de Refojos, pagan cada año 147, rs. Y cada Viuda dos Gallinas.

Todas la embarcaciones cargadas de Vino que quedaren en seco en el Puerto, no siendo de los Naturales, paga dos azumbres por cada pipa. Tiene su Exc. las Lutuosas Mostrencos, y penas de Cámara, segun está explicado en Altamira.

Todas estas rentas reguladas por el valor de 25 años importan en cada uno 800 rs. Adminístrales el Juez, y por ello y conducir el dinero a Santiago tiene 850 de salario, que por los derechos de Autos y Partijas tendrá el util 2 rs.
Tiene su Exc. la Sincura de San Martin de Olveiras, que consiste en la tercera parte de diezmos, y vale 550. rs.
Tambien tiene la Sincura de San Martin de Touriñan, que consiste en el cuarto, y vale 120 rs.

A esta Jurisdicción estaba unido, y pertenece el Coto de Bodemao, que posee hoy el Marqués de Mos como heredero de Don Juan Cortés, a quien le dio en foro cenro perpetuo el Exmo Señor Conde Don Gaspar en 13 de 1658.por la pensión de un real de a ocho de plata doble, de que dio fe Juan de Agra Escribano de su Magestad, vecino de Santiago, incluyendo veinte y ocho rs y cuatro ferrados de Centeno que aquel Coto cobraba su Exc. de servicios y renta anual con mas los mostrencos y padece la misma nulidad que el Lamego.

Tiene su Exc. la novena parte de todos los frutos que se recogen en los Montes de Carnota y Feligresía de Olveira, y la sexta en los restantes de la Jurisdicción que regularmente se rompe, y cultivan cada 20 años tienen el nombre de a Anobados, y valen por la regulación antecedente 300 rs.

Varias Feligresías de esta Jurisdicción donó el Duque de Arjona con Bimianzo y otras son comprendidas en la concordia con la Dignidad Arzobispal.

Máis tarde, durante a Guerra da Independencia, en 1809 prodúcese o ataque das tropas franceses que incendiaron o pazo do que só se manterían en pé as paredes. A propiedade foi parte aforada a diferentes familias locais que foron facendo as súas reformas, sendo na actualidade unha propiedade privada.

E aquí acábase este repaso polo Pazo de Altamira de Corcubión, centro administrativo do Condado de Altamira durante máis de 400 anos.

Facebook
Twitter
LinkedIn