Igrexa de San Marcos (Corcubión)

A Igrexa de San Marcos foi construída entre os séculos XIV e XV e sufriu diferentes avatares ao longo da historia. Durante a invasión francesa de 1809, o interior da igrexa foi incendiado. En 1869 un raio esnaquizou a torre do campanario e, o día de San José de 1885, outra vez un raio esnaquiza a torre do campanario pero esta vez derrúbase con parte do tellado e a fachada sobre os fieis que estaban a asistir a misa. O balance final foi de tres persoas falecidas e máis de 60 feridos.

Claro exemplo do estilo gótico mariñeiro presenta unha soa nave con muros de mamposteria e planta rectángular dividida en tramos mediante arcos apuntados. Da primitiva románica consérvanse restos na capela maior e nos canecillos dos muros exteriores.

A fachada neogótica foi realizada en 1892. Divídese en tres panos mediante contrafortes rematando en pináculos. Podemos ver capiteis con motivos vexetais e animais ademais de varios gravados con referencia aos Moscoso, condes de Altamira.

Presidindo o altar maior a figura de San Marcos dá cadeira, talla gótica veneciana datada na segunda metade do século XV e que, segundo os historiadores, foi traída de Italia por Isabel de Castro, condesa de Altamira na época que se fundou o padroado de San Marcos. As dúas pedras de armas dos Moscoso e dos Castro no trono de San Marcos indícannos que esa loita encarnizada dos Moscoso co arcebispado en séculos anteriores xa era auga pasada.

Facebook
Twitter
LinkedIn