Castelo do Cardenal

Como xa sabedes, durante o século XVIII estas costas estaban sometidas aos ataques de corsarios franceses e ingleses que utilizaban esta estratéxica e abrigada ría para as súas correrías. É por iso que Carlos III decide defender a ría con tres castelos en Fisterra, Corcubión e Ameijenda.

Este Castelo do Cardeal empézase a construír en 1741 formando parella co do Príncipe, xusto enfronte, para entre os dous defender o ancho da ría. As obras terminaron en 1757, tiña montado 17 canóns e capacidade para 96 soldados. Do mesmo xeito que o resto das fortificacións, o ataque veu por terra sendo incendiado polos franceses en 1809.

A principios do século XX o concello quixo incorporala ao patrimonio municipal pero a batería do Cardeal foi vendida sen licitar en 1950, privatizando unha vez máis un ben público. Na actualidade, pertence a unha familia de fóra.

Facebook
Twitter
LinkedIn