A Cruz de Baixar

Chegamos á Cruz de Baixar, outro dos múltiples cruceiros que nos atoparemos no camiño.

Segundo a wikipedia, un cruceiro é un monumento relixioso constituído por unha cruz xeralmente de pedra (en menor medida, hainos construídos en madeira) sobre un piar, situado nun lugar público, principalmente encrucilladas (cruces de camiños), atrios de igrexas ou lugares elevados. Trátase dun dos monumentos máis característicos de Portugal e Galicia, aínda que tamén existen noutras partes de España e Brasil. En Irlanda, Bretaña e Inglaterra tamén é posible atopar cruceiros, sobre todo fronte a lugares relixiosos.

A maioría están esculpidos en granito e formado por varios elementos:

  • Plataforma dunha ou máis bancadas.
  • Pedestal, normalmente cuadrangular, liso ou con inscricións.
  • Fuste (ou varal), cuadrangular, octogonal ou cilíndrico, liso con motivos diversos (escaleira, martelo, tenazas, caveiras, serpe, santiños (escenas do pecado orixinal, etc).
  • Capitel, de complexa e variada composición (volutas, caveiras, querubines alados, entre outras figuras).
  • Cruz, raramente soa, ás veces cun Cristo crucificado na súa cara anterior, e unha imaxe da Virxe María ou dalgún santo na súa cara posterior.

O contexto histórico no que se desenvolveron os cruceiros galegos é, claramente, o ambiente relixioso creado a partir da contrarreforma. Non existen cruceiros anteriores ao Concilio de Trento que terminou en 1564, e é notorio que desde o Concilio, no que participaron non poucos galegos, o seu número aumentou exponencialmente.

Esta Cruz de Baixar era, antigamente, o punto de quedada das peixeiras que ían andando a vender polas aldeas. Unhas veces vendíano e outras o intercambiaban por produtos da horta, viño ou a carne que en Fisterra non había.

Facebook
Twitter
LinkedIn