O Camiño do Conde é un percorrido de 115 km que dividimos en 6 etapas e que discorre polos principais puntos do interior da Costa da Morte.
A estas alturas do proxecto aínda non medimos a porcentaxe de asfalto, pero podemos dicirvos que ten suficiente. Cada vez son menos os camiños e aqueles vellos camiños naturais que comunicaban directamente un pobo con outro están asfaltados. De todas maneiras, tamén atoparás fermosos tramos en paraxes naturais, a maioría deles na beira dos ríos.
En canto á dificultade, é unha ruta moi fácil e cómoda de camiñar, con moi poucos desniveles.
Unha das vantaxes da ruta é que vai rotando continuamente pola estrada comarcal, polo que o transporte a calquera punto é cómodo e é posible utilizar os autobuses que cobren esta liña.
Respecto á información da ruta, nas vindeiras semanas publicaremos o track.